Sunday 19 de May de 2024

Este sábado Vista Alegre acollerá un partido benéfico para a AECC Ordes entre o A.D. Vila de Ordes e o Zona Vella C.F.


As entradas terán un custo de 3 euros e ademais venderanse rifas

O campo anexo de Vista Alegre acollerá este próximo sábado, 7 de novembro, o partido entre o A.D. Vila de Ordes e o Zona Vella C.F. O inicio do encontro será ás 18 horas e o importe de todas as entradas vendidas, 3 euros para os non socios, irá destinado integramente a beneficio da AECC Ordes. Quen o desexe tamén poderá facer o seu donativo depositándoo na urna que se instalará no campo nesta xornada.

A organización tamén ten previsto levar a cabo a venda de rifas, coas que se poderán acadar agasallos e premios relacionados coa época do outono.

Con todo isto os alicientes para acudir a esta cita deportiva medran, xa que se trata dun partido puntuable para a Terceira Autonómica, que disputarán os dous primeiros clasificados da táboa, encabezada neste momento polo Vila de Ordes.